Blogia
Chamoso

LA BICI ORBEA.-

LA BICI ORBEA.-

Comprada en Bicicletas Félix Latorre en Lugo ano 1955-56, unha excelente máquina sin cambio,  solamente con un piñón do 18 e sin luz-dinamo por 1.275 ptas, daquela eran cartos, logo foronselle acoplando luz e outros complementos etc...pero o que suscribe calcula que esta máquina posiblemente entre os anos 1956 o 1964 (8 anos) recorrera mais de 50.000 km., lugares mais lexanos recorridos tanto por feiras festas o outras circunstancias foron,, Baralla, Sarria, Castroverde, O Cádavo, Povoa de San Xulián, Lugo, Rábade, etcc., bueno tanto o municipio de O Corgo como o de Castroverde e Lugo foron recorridos por carreteras camiños e corredoiras. Chegar a unha festa por exemplo  as seie da tarde na tua bice aparcábala normalmente en un dos postos de bebidas que habia para tal fin  no campo da festa, quitabas os aros o pinzas que levabas na  parte baixa dos pantalós para que a cadea da bice nonchos enganchara, dabaslle o pelo un pouco para atrás  pero todo eso feito con muito estilo e incluso un pouco de chuleria, porque as mozas que habia alí estaban pendentes de todos os detalles, logo acercabaste a barra e apoyando o codo ezquerdo no mostrador  que era un tableiro de madeira e cas gafas do sol na man dereita movendoas en sentido circular pedias un botellín o un  boliche de gaseosa, dependía do presoposte o botellín valía 3 ptas e o boliche 1,50,  é o mismo tempo observabas o ambiente e a orquesta que xa estaba tocando un pasodoble o un valls, asi como mirando  aquelas rapazas que tamen te estaban observan a tí e incluso  a bice da que te apeaches, porque naqueles tempos ter unha bice "orbea" seria como oxe ter unha Kawasaki S-650.-  Era o que había, e a xuventude a sua maneira éramos felices non pensábamos en discotecas porque nonas habia e menos en drogas o cousas parecidas; éramos felices a nosa maneira. Un abrazo, outro día seguiremos con este tema..xosevila.- 

0 comentarios