Blogia
Chamoso

LAXOSA.-O CORGO.-

LAXOSA.-O CORGO.-

LAXOSA- O CORGO.-Que grandes recordos teño de este rincón corgués. Eu nacín a 4 km., de Laxosa en Pedrafita, con 14-15 anos, meus pais compraronme unha bicicleta marca orbea, creo que costou sobre 1000 ptas. anos 1958-60, para mín ir a Laxosa era como ahora ir a París, habia farmacia, bares, mercerias, a estación de tren, aserradero de madeiras, panaderia, almacén de patacas, bos ferreiros etcc. Ver pasar o expreso A Coruña- Madrid na estación de Laxosa sobre a unha, era un espectáculo. Comprábamos na estación tenda de Riveira unhas bolsiñas que habia de anisetes, era como ahora tomar un vermut. Esta tenda acórdome ben que a señora, era a nai do anterior alcalde  de O Corgo D. José Antonio Ferreiro, bueno digo a nai o unha irmá que tamen estaba na tenda,  que eran mui guapas as dúas, nai e filla.  Había tamen un estanco de tabacos na estación alí compraballe a meu pai un paquete de caldo de gallina, cando o home tiña cartos que non era sempre . Laxosa sempre foi mui adelantada e destacada, as xentes de esta bonita villa preocupábanse de prosperar  e promocionarse hacia a diante, ben pola estación de renfe, as boas empresas de transportistas, pola  súa proximidade a Lugo, sempre destacou. En Laxosa había na queles tempos muitos rapaces que tiñan xa carnet de conducir camións e autobuses, con esto non quero tirar por terra  o resto do consello de O Corgo pero Laxosa era Laxosa.Un saúdo para os veciños e viciñas de Laxosa de xosevila.......

0 comentarios