OS CANTEIROS O PICAPEDREIROS EN O CORGO.-
OS CANTEIROS EN O CORGO.-
OS CANTEIROS DE O CORGO.- Neste sinxelo tema imos a referirnos concretamente os canteiros de a zona de o Consello de O Corgo, deixamos para outro comentario os oríxenes desta milenaria profesión, os seos Gremios e o que dixo o Papa Bonifacio IV no ano 614 de estos grandes maestros da arquitectura da pedra que incluso os liberou de pagar impostos por ser un ben para os ciudadáns.
Manuel nacido no Consello de O Corgo polos anos 1900 foi un gran profesional da cantería, él dirixia un grupo de homes unhos xa eran profesionale e outros aprendices o pinches dedicándose a facer obras de cantería, casas, palleiras, establos, fornos, paredes etcc.,nos mais de 40 anos fixeron moitas obras nos Consellos de O Corgo, Castroverde, Lugo, Láncara etcc., obras que están ahí para velas e que perdurarán moitos máis anos, unha casa feita de cantería pode ser milinaria e senón para mostra ahí temos a Muralla de Lugo que ten máis de dous mil trinta anos. Aquelas pedras ben talladas, asentadas e enlazadas entresí, os dinteles das fiestras e portas que non hai terremoto que os leve por diante, aqueles homes que traballaban desde o amanecer ata o solpo, sin seguro de vida, sin seguro médico, sin xubilación, e tiñan que pagar as medicinas, e a veces mal comidos aínda que posiblemente neste aspecto fosen os traballadores mellor considerados comparados con outros gremios u oficios.
Manuel era o maestro o contratista o arquitecto e o deliniante; era unha excelente persoa cheo de humanidade e respetado por todos e un gran profesional das pedras, en varias ocasions acudiron él arquitectos a pedirlle consello sobre obras de cantería.
Había obras grandes que o mellor duraban mais de un ano así que os canteiros o final eran unhos veciños máis, incluso oubo casos de facerse novios dúa moza do pobo e casarse ca guapa moza.
Hay miles de anécdotas e contos sobre este gremio dos canteiros….!
Contamos unha historia real… A Pepe que estaba picando leña na aira algo lle entrou non ollo e non puido soportar o dor, e dixolle a muller,.. vamos a ver o sr. Manuel que está traballando ahí na casa de Rita e que cho mire.. …… bueno,vamos a ver, dixo Manuel, tráeme unha cunca con auga limpa, un plato e un cuetelo que teña bo corte…e púxose Manuel medio escarrencau, colleu o cuitelo ca man dreita e na esquerda o plato e nesto, dixo a muller de Pepe… pero sr. Manuel que vai facer… pois vou quitarlle u ollo pro plato, lavalo na cunca e volvollo a colocar, e queda novo…….. ¡hai dios mio!…. saliron correndo Pepe e a muller e non paraban, creo que despois da broma un pouco pesada, Manuel sacoulle a Pepe o garabullo do ollo..Un saludo, este é un homenaxe a Manuel e a sua cuadrilla de canteiros.. Un abrazo. xosevila.-
ç
0 comentarios