Blogia
Chamoso

A MEIGA DO MONTE DO CAMBEIRO.-

A MEIGA DO MONTE DO CAMBEIRO.-

A MEIGA DO CAMBEIRO.-

Contan que neste monte que está entre as parroquias de O Corgo, Sancristovo, Pedrafita e Sanfiz do Bergazo, había unha muller chamada Mel (Melisa) que decían que por aquelos anos de antes de que Colón descubrirá as américas tiña fama de “meiga” os que se levaban ben con ela tiñan sorte co ganado e outros non tiñan tanta; este famoso monte do Cambeiro sempre foi un pastoreo importante para  ovellas, alí xuntabanse das parroquias antes mencionadas apastando cada un o seo rebaño lanar, había xente muy xoven e non tan xoven pero era como unha comunidade de vecinos, facianse amistades e incluso noviazgos, era todo muy coloquial. Aunque empezamos falando dos anos do descubremento das américas estos feitos seguiron acaecendo hasta os anos 1960 o por ahí; ir a apastar as ovellas o Cambeiro era muy habitual por ser un monte con unhos pastos especiales de carpanzas cespep etc…

Pero volvendo o caso que nos ocupa da muller considerada “meiga” debido a certos feitos ocurridos, Mel, non se levaba ben cos de Sanfiz, cos que mellor se levaba era cos de Pedrafita porque ela había nacido nunhas casas que había antes no lugar chamado a lagarteira que era da parroquia de Pedrafita, claro resulta que os que mellor sorte tiñan cas ovellas eran os de Pedrafita, tiñan sempre unhas ovellas e carneiros lustrosos que daba gusto velos, e ahí empezou o mosqueo de porqué os de Pedrafita tiñan mas sorte cas ovellas que  os de Sanfiz, O Corgo o Sancristovo, incluso os de O Corgo non lles empreñaban, estuveron un ano sin ter ningún año e as ovellas dosde Pedrafita traianos por pares. Claro, o asunto era para mosquearse, a sra Mel con 40 ovellas sacaba mais producto que outros con 140, e por eso empezaron a pensar que a cousa tiña algo de bruxeria e ademáis ela alegrábase da mala sorte dos outros. Mais de unha vez collerona de rodillas diante das ovellas dos outros facendo cruces no chao e o día seguente sempre aparecia unha ovella o carneiro morto, pero según o cura de Sancristovo non se podía facer nada, falaban con ela e ela decialles que era cousa do demo e encima ríase a carcaxadas, e unha ocasión o cura de Santiago de Adai que decían que tiña moita mau prestas cousas foi falar con ela a casa da lagarteira e cando de volta iba polo camino de ferradal para Adai espantuselle o cabalo caendo e rompeu unha perna por dous sitios.-

Asi seguiron as cousas hasta que Mel morreo con 67 anos e todo se normalizou prestos sufridos pastores corgueses.

Ésta é unha historia que ten algo de verdade e algo de adorno, pero si alguha persoa se sinte dentro de ela é de pura casualidade. O que suscribe quere reseñar que estuvo no monte do Cambeiro gardando ovellas, ademais a literatura dicen que da vitalidade e que sana o cerebro o mismo tempo que dices, é abrá álguien que me lea esto, eu con dúas persoas que mo leron  xa estou satisfeito.-Un saúdo e boas tardes.

0 comentarios